O alumnado de grao profesional do conservatorio municipal de Noia ofrecerá mañá xoves un concerto no Coliseo Noela

O alumnado de grao profesional do conservatorio municipal de Noia ofrecerá mañá xoves un concerto no Coliseo Noela

Escrito el 19/06/2019


O alumnado de 1º, 2º e 3º de Grao Profesional do conservatorio municipal de Noia “Felipe Paz Carbajal” ofrecerá mañá xoves 20 de xuño o terceiro dos catro concertos programados dentro do “Xuño musical 2019”. Unha actuación que terá lugar no Teatro Coliseo Noela, ás 20:30 horas, e que contará coa participación dun conxunto instrumental. A entrada é totalmente libre e de balde.

 

O “Xuño Musical 2019” pecharase o vindeiro venres 28 de xuño cun concerto a cargo do alumnado de 4º, 5º e 6º de grao profesional e un grupo de música de cámara. Esta iniciativa está organizada pola Concellería de Ensino do Concello de Noia, en colaboración co conservatorio municipal “Felipe Paz Carbajal” e o Coliseo Noela.