A Deputación da Coruña súmase á campaña #LuzPorlaELA e ilumínase de verde no Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica

A Deputación da Coruña súmase á campaña #LuzPorlaELA e ilumínase de verde no Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica

Escrito el 21/06/2019


A sede da Deputación da Coruña iluminarase esta noite de verde, sumándose á campaña #LuzPorlaELA que promove a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica do Día Mundial desta doenza.

Xunto con outros 200 e edificios e monumento de toda España, entre elas a Torre de Hércules ou o Castelo de Santa Cruz, as fachadas do Pazo Provincial coruñés e o Teatro Colón iluminaranse esta noite de verde para mostrar apoio da Deputación ás persoas afectadas por ELA e axudar a visibilizar a enfermidade, concienciando á sociedade das dificultades que esta implica no día a día dos afectados e afectadas por esta doenza neuromuscular dexenerativa e da necesidade de impulsar a investigación.