O CONCELLO LICITA A PAVIMENTACIÓN DUN CAMIÑO EN CANAVEIROS EN OLEIROS

O CONCELLO LICITA A PAVIMENTACIÓN DUN CAMIÑO EN CANAVEIROS EN OLEIROS

Escrito el 21/06/2019


O Concello de Riveira informa da licitación dunha nova actuación consistente na mellora do firme dun camiño no lugar de Canaveiros, na parroquia de Oleiros.

 

O vial obxecto deste proxecto rexistra hoxe en día un pavimento de aglomerado asfáltico bastante deteriorado debido, en boa parte, a que as raíces das árbores próximas invaden a calzada e producen abultamentos na mesma. O obxectivo que se persegue con esta obra reside en mellorar este firme coa aplicación dunha nova capa de aglomerado aslfáltico en quente, ademais de ampliar o ancho nalgúns tramos.

 

Previamente á nova pavimentación, serán limpadas as maxes e se destoconará o terreo para evitar que as raíces volvan a deteriorar o pavimento.

 

O prazo de execución é dun mes e medio e o prezo de licitación, 54.253,91 euros, IVE incluído.

 

A actuación está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia segundo notificación de concesión de subvención que tivo entrada no Rexistro Xeral deste Concello na data 16/05/2019 co número 6.924.