LETE LASA DÁ A SAÍDA E PERCORRE UN QUILÓMETRO DA ANDAINA DO BARBANZA, A ÚNICA DE GALICIA QUE CONTA CUN ITINERARIO DE 100 QUILÓMETROS

LETE LASA DÁ A SAÍDA E PERCORRE UN QUILÓMETRO DA ANDAINA DO BARBANZA, A ÚNICA DE GALICIA QUE CONTA CUN ITINERARIO DE 100 QUILÓMETROS

Escrito el 22/06/2019


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, deu a saída xunto ao alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e percorreu o primeiro quilómetro da ‘Andaina 100 km. do Barbanza’, a única de Galicia que conta cun itinerario de cen quilómetros. O mandatario galego destacou que esta proba “forma parte da Copa Galega de Andainas onde todas as demais son de 50 quilómetros, incluída unha que transita por Melgaço, en Portugal”. A sexta edición da andaina, que percorre cada ano un dos sete concellos que forman a comarca do Barbanza, sae e remata nesta ocasión en Ribeira e en 2020 chegará a Lousame. A día de hoxe participan na andaina unhas 270 persoas procedentes de ata sete países. Un incremento do 170% en apenas seis anos. A participación feminina é do 20%.

 

Lete Lasa destacou que “o 90% dos cen quilómetros da andaina transcorren por sendeiros fluviais, rutas de monte e praias, un entorno paradisíaco que a propia andaina ocúpase de manter e de coidar minuciosamente limpando os camiños antes e despois”.

 

Do mesmo xeito o secretario xeral amosou a súa total disposición para axudar á organización “en todo o que poidamos, porque vós xa nos estades axudando a nós en moitos aspectos”. Neste sentido falou da importancia do Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Galicia  Saudable que nace para facer fronte a un dos grandes desafíos da saúde pública de comezos do século  XXI: o aumento das mortes, enfermidades e discapacidades provocadas polo sedentarismo e a práctica insuficiente de actividade física.