OS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NA VELLA ESTACIÓN DE AUTOBUSES TRASLÁDANSE FRONTE AO NOVO MERCADO A PARTIR DE MAÑÁ

OS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NA VELLA ESTACIÓN DE AUTOBUSES TRASLÁDANSE FRONTE AO NOVO MERCADO A PARTIR DE MAÑÁ

Escrito el 24/06/2019


O Concello de Riveira informa de que mañá martes está previsto que principien os traballos de desmontaxe da actual terminal de autobuses situada no paseo do Malecón.

 

Con tal motivo, os servizos que se viñan prestando na antedita terminal (despacho de billetes, etc.) trasládanse fronte ao mercado municipal, no mesmo lugar onde se emprazará a nova estación.

 

Temporalmente, e mentres non estea construída esta nova infraestrutura, habilitouse unha taquilla e marquesinas provisionais para atender aos viaxeiros.