A PIANISTA TAIWANESA I-AM CHEN ACOMPAÑARÁ AO ALUMNADO DA AULA GALEGA DE SAXOFÓN EN DOUS CONCERTOS NO CONSERVATORIO

A PIANISTA TAIWANESA I-AM CHEN ACOMPAÑARÁ AO ALUMNADO DA AULA GALEGA DE SAXOFÓN EN DOUS CONCERTOS NO CONSERVATORIO

Escrito el 27/06/2019


Esta vindeira fin de semana remata un curso da Aula Galega de Saxofón.

Os alumnos da aula ofrecerán dous concertos acompañados da extraordinaria pianista taiwanesa I-Am Chen que estará en Riveira sustituíndo á inicialmente prevista Hilomi Sakaguchi.

I-an Chen é unha pianista que se formou en acompañamento na Universidade de Michigan, unha das mellores dos Estados Unidos, e como curiosidade é a pianista acompañante oficial do concurso de saxofón máis prestixioso do mundo, o Jean Marie Londeix Competition que se celebra en Bangkok cada 4 anos.

Os concertos serán o venres 28 ás 20.30 horas e o sábado 29 ás 20.00 horas, os dous no salón de actos do Conservatorio de Música Profesional de Riveira "Enrique Paisal".

Ámbolos dous concertos rematarán cunha intervención do profesor da Aula Galega de Saxofón, Rodrigo Vila e I-An Chen.