Cen nenos e nenas da cidade da Coruña, Bergantiños e Costa da Morte abren este domingo os campamentos deportivos de verán da Deputación

Cen nenos e nenas da cidade da Coruña, Bergantiños e Costa da Morte abren este domingo os campamentos deportivos de verán da Deputación

Escrito el 28/06/2019


Cen nenos e nenas da cidade da Coruña e dos concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muros, Muxía, Outes, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas inauguran este domingo no centro Calvo Sotelo da Coruña os campamentos deportivos de verán da Deputación.

 

Durante a súa estadía ata de cinco días no Calvo Sotelo, os rapaces e rapazas contarán cun amplo programa de actividades deportivas e lúdicas que incluirá dende actividades naúticas, sendeirismo, tenis, fútbol ou baloncesto ata xornadas de praia, paseos en barco e visitas a lugares de interese coma a Torre de Hércules, a Casa dos Peixes, o xardín de San Carlos, o castelo de San Antón e o mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume.

 

O programa cultural completase con veladas nocturnas nas que os nenos e nenas desenvolveron actividades e xogos de cara a fomentar a comunicación, a convivencia, o intercambio experiencias e o respecto polos demais.

 

Ao longo do mes de xullo desenvolveranse un total de catro quendas, cada unha delas con 100 rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos de idade, que están supervisados en todo momento por 10 monitores titulados e unha directora de campamento.