MARÍA MACEIRAS PÉREZ E IKER FERNÁNDEZ VIDAL, PRIMEIRA E SEGUNDO GAÑADORES DO CONCURSO DE TWEETS CONTRA OS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO

MARÍA MACEIRAS PÉREZ E IKER FERNÁNDEZ VIDAL, PRIMEIRA E SEGUNDO GAÑADORES DO CONCURSO DE TWEETS CONTRA OS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO

Escrito el 28/06/2019


María Maceiras Pérez, de 17 anos de idade, e Iker Fernández Vidal, de 14, foron a primeira e o segundo gañador do concurso de tweets contra os estereotipos de xénero promovido dende o Centro de Información á Muller (CIM) de Riveira. Hoxe foron recibidos polo alcalde Manuel Ruiz no transcurso dos actos conmemorativos do Día do Orgullo LGTBIQ+.

 

 

O concurso tivo por obxectivo sensibilizar á poboación ante a necesidade de erradicar esas crenzas fortemente arraigadas acerca de como deben ser os homes e mulleres simplemente polo seu sexo. O primeiro premio consistente nunha tableta e o segundo nun altofalante.