COMEZAN OS CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN DO CONCELLO CON 160 RAPACES PARTICIPANTES

COMEZAN OS CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN DO CONCELLO CON 160 RAPACES PARTICIPANTES

Escrito el 01/07/2019


Os campamentos Xoga con Nós e Camp of Cultural Summer organizados polo Concello de Riveira comezaron hoxe no colexio O Grupo coa participación de 160 rapaces de 3 a 12 anos de idade.

 

A concelleira de Cultura, María Sampedro, desprazouse ata o centro escolar para comprobar o arranque dunha acción formativa que se prolongará durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres, coa fin de facilitar a conciliación familiar e laboral dos seus proxenitores.

 

Ademais, o alumnado destes campamentos seguirá enriquecendo a súa aprendizaxe posto que este ano o campamento incidirá na etnografía e no patrimonio cun primeiro mes que estará dedicado aos oficios e diferentes elementos tradicionais da vida galega (dornas, hórreos, cestos…) mentres que en agosto abordará o noso folclore.