A Deputación da Coruña colabora na XXII edición da Escola de Verán do Poder Xudicial

A Deputación da Coruña colabora na XXII edición da Escola de Verán do Poder Xudicial

Escrito el 02/07/2019


O Pazo de Mariñán acolleu esta tarda a apertura da XXIII edición da Escola de Verán do Poder Xudicial cun acto que contou coa participación do vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e o  presidente do Tribunal Supremo e do CXPX, Carlos Lesmes. Na súa intervención o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, defendeu que as cuestións políticas non teñen que "acabar dirimíndose no ámbito xudicial".

 

Na súa intervención o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, defendeu a independencia xudicial "que nos permite conquistar a democracia día a día". "E así, tamén, as organizacións políticas e as persoas que nos dedicamos á política, debemos axudar e aplicarnos en que as cuestións que deberan dirimirseno ámbito do estrictamente político non acaben dirimíndose no ámbito do xudicial, porque iso só significa o fracaso da política e a complicidade co debilitamento da confianza nos tribunais",  sinalou Xosé Regueira na súa intervención.

 

Apuntou tamén o vicepresidente da Deputación da Coruña que tanto desde a  xustiza como desde outros ámbitos sociais e máis desde as institucións, débese "ter os ollos ben abertos para tratar de entender o pobo, ese pobo do que se di que emana, e así debe ser, a xustiza".

 

Antes do inicio da apertura do curso, o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e o  presidente do Tribunal Supremo e do CXPX, Carlos Lesmes asinaron o convenio de colaboración para a organización do foro que se desenvolverá até o vindeiro venres día 5 e que, nesta nova edición, xira arredor de "A proba criminolóxica forense. Delimitación e valoración das probas provintes das Ciencias Sociais e do comportamento". O curso está dirixido por Juan Manuel Fernández Martínez e Álvaro Cuesta Martínez,  vocais do Consello Xeral do Poder Xudicial. Vocal del Consejo General del Poder Judicial. O programa que convoca persoal da xudicatura e maxistratura de todo o Estado para debater sobre temas de actualidade desenvolverase até o día 5 de no pazo de Bergondo.

 

O programa centrarase en investigacións das ciencias do comportamento, da Criminoloxía, Socioloxía, Psicoloxía e Neurociencia qeu "alertan sobre factores que os operadores xurídicos precisan no momento da valoración da proba". Entre os obxectos da Escola de Verán atópanse temas como a relación entre a memoria e o testemuño, o proceso de funcionamento da memoria, a construcción de lembranzas falsas, os efectos contaminadores da suxestión na declaración, a lembranza suxerida e os prexuizos.