RECEPCIÓN INSTITUCIONAL AOS EQUIPOS ALEVÍNS A E B E INFANTIL A DO SÁLVORA CLUB DE FÚTBOL POLOS ÉXITOS ACADADOS NESTA TEMPADA

RECEPCIÓN INSTITUCIONAL AOS EQUIPOS ALEVÍNS A E B E INFANTIL A DO SÁLVORA CLUB DE FÚTBOL POLOS ÉXITOS ACADADOS NESTA TEMPADA

Escrito el 03/07/2019


Un salón de plenos completamente repleto acolleu na tarde de onte unha recepción oficial a tres equipos do Sálvora C.F. que veñen de protagonizar sendos éxitos nas súas respectivas tempadas: o equipo Infantil A (que acadou o ascenso á Liga Galega), o Alevín A (campión da Primeira Copa de Santiago) e o Alevín B (campión de liga).

 

O alcalde Manuel Ruiz presidiu un acto no que a nova concelleira de Deportes, Juana María Brión Santamaría, ofreceu a súa primeira intervención pública neste cargo. Entre o público estiveron presentes concelleiros de diversos grupos políticos.

 

Tamén estivo na mesa o presidente do Sálvora, Ramón Martínez Becerra, quen destacou os méritos logrados por estes futbolistas xogando nun club modesto.

 

Ruiz Rivas entregou unhas placas conmemorativas a cada un dos equipos antes de concluír na praza do Concello cunha multitudinaria foto de familia.