O Concello de Lousame celebra mañá xoves a súa sesión plenaria organizativa

O Concello de Lousame celebra mañá xoves a súa sesión plenaria organizativa

Escrito el 03/07/2019


O Concello de Lousame celebrará mañá xoves 4 de xullo, ás 20:30 horas, a súa sesión plenaria organizativa, con carácter de extraordinaria e urxente, que se desenvolverá de acordo coa seguinte orde do día:

 

  1. Ratificación da urxencia da sesión
  2. Dación de conta da constitución dos grupos políticos municipais e designación de voceiros.
  3. Dación de conta das resolucións da Alcaldía sobre nomeamento de tenentes de alcaldesa, nomeamento de membros da Xunta de Goberno Local e delegación de competencias sobre áreas de xestións e delegacións xenéricas e especiais.
  4. Aprobación da periodicidade das sesións ordinarias do Pleno.
  5. Aprobación da composición e denominación das Comisións Informativas permanentes e especiais.
  6. Aprobación do nomeamento de representantes da Corporación Local en órganos colexiados.
  7. Aprobación dos cargos con dedicacións exclusiva e parcial
  8. Aprobación das contías por asistencia aos órganos colexiados e indemnizacións. Modificación das Bases de Execución do Orzamento 2019.

 

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais, presidirá a Xunta de Goberno Local, que estará composta polos tres tenentes de alcaldesa: Ramón Manuel Martínez Rial, Silvia Agrafojo Filgueira e José Antonio Ces Barreiro. A nova estrutura do Goberno queda organizada en 9 grandes áreas, das que Villaverde asumirá as competencias propias da Alcaldía, Urbanismo, Persoal, Economía e Facenda e Tramitación Administrativa. As outras 5 áreas de xestión serán asumidas polos tenentes de alcaldesa:

 

  • Ramón Manuel Martínez Rial, concelleiro-delegado de Obras Públicas, Servizos Públicos, Alumeados e Telecomunicacións, Infraestruturas Viarias, Seguridade Viaria e Parque Móbil; e de Medio Ambiente, Medio Rural e Protección Civil.
  • Silvia Agrafojo Filgueira, concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Xuventude e Educación, á que suma as competencias en materia de Cultura.
  • José Antonio Ces Barreiro, concelleira de Parques e Xardíns, Turismo e Relacións veciñais.

 

Pola súa banda, Ramón Figueroa Pérez será concelleiro de Medio Rural, Yésica Fernández Míguez será concelleira de Sanidade e Protección Civil, e Jesús Martínez Castro será concelleiro de Deportes, dependente da Concellería que dirixe Silvia Agrafojo.