O CONCELLO INVESTIRÁ 119.600 EUROS EN RENOVAR O PAVIMENTO EN BEIRARRÚAS E CALZADA NUN TRAMO DO POLÍGONO DE XARÁS

O CONCELLO INVESTIRÁ 119.600 EUROS EN RENOVAR O PAVIMENTO EN BEIRARRÚAS E CALZADA NUN TRAMO DO POLÍGONO DE XARÁS

Escrito el 03/07/2019


O Concello de Riveira informa de que foi licitada unha nova actuación consistente na renovación do pavimento en beirarrúas e calzada nun tramo da avenida Carregal Rey, no polígono industrial de Xarás, dando continuidade a outra intervención semellante emprendida o outono pasado.

 

O orzamento da obra ascende a 119.600 euros, IVE incluído. A actuación conta cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ao abeiro da orde do 17 de decembro de 2018 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

As beirarrúas onde se centro a actuación están pavimentadas actualmente en formigón en masa e presentan un estado deteriorado, ao igual que a calzada. Por esta razón, proxéctase a pavimentación das devanditas beirarrúas cunha capa de formigón de 20 centímetros de espesor (en tramos de 176 metros na marxe dereita e 403 na dereita), e a pavimentación da calzada con aglomerado asfáltico en quente ao longo de 265 metros.

 

O prazo de execución son dous meses.

 

As empresas dispoñen ata o 9 de xullo para presentar as súas solicitudes.