TRINTA ACTIVIDADES INTEGRAN A PROGRAMACIÓN DA FIESTRA DA CULTURA PARA ESTE VERÁN

TRINTA ACTIVIDADES INTEGRAN A PROGRAMACIÓN DA FIESTRA DA CULTURA PARA ESTE VERÁN

Escrito el 03/07/2019


Un total de trinta citas integrarán a programación da Fiestra da Cultura que se desenvolverá durante este verán entre o 6 de xullo e o 13 de setembro. A concelleira de Cultura, María Sampedro, xunto cos técnicos Unai González e Sandra Sampedro, presentou esta mañá tan extenso calendario que incluirá concertos, actuacións cómicas, cine ao aire libre, contacontos, etc., convertendo Riveira e as súas parroquias nun gran escaparate cultural durante toda a tempada estival.

 

Algunhas das convocatorias están organizadas directamente pola concellería de Cultura (en ocasións, en colaboración coa Deputación ou a Consellería de Cultura da Xunta) mentres que outras están promovidas polo tecido asociativo a través de colectivos como Haveira, Alfaia, a parroquia de Santa uxía ou a Real e Ilustre Cofradía da Dorna:

 

*EXPOSICIÓN “ENCONTROS” da Asociación de Artistas da Coruña

Ata o 27 de xullo.

Centro Cultural Lustres Rivas.

Horario: De luns a venres de 10 a 14 h e de 19 a 21 h e sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 h.

Organiza Concellería de Cultura de Riveira.

 

*V FESTIVAL RI VEIRA: ACROBACIAS, BAILE E HUMOR

“SUE MORENO CON 4.0”

Sábado 6 de xullo

Paseo do Malecón, ás 22:15 h.

 

*DÍA DE SAN CRISTOVO

Domingo 7 de xullo

Misa solemne na honra de San Cristóbal, ás 12:00 h,naIgrexa Parroquial de Santa Uxía. A continuación procesión ata o Malecón, bendición de vehículos que percorrerán as rúas da cidade.

Organizana Concellería de Cultura e Asociación Cultural Alfaia, colabora a Parroquia de Santa Uxía.

 

*V FESTIVAL RI VEIRA:CIRCULA (CLOWN, MAXIA E HUMOR)

“GALA DE CIRCO:OS 7 MAGNÍFICOS E MAGO TETO”

Sábado 13 de xullo

Paseo do Malecón, ás 22:15 h.

Organiza a Concellería de Cultura de Riveira co patrocinio da Rede Cultural da Deputación de A Coruña.

 

*CONCERTO DE SÉS

Co espectáculo “XIRA 2019”

Xoves 18 de xullo.

Praza de Porta do Sol, ás 23:30 h.

Organizan a Concellería de Cultura e ReI Cofradía da Dornaco patrocinio da Rede Cultural da Deputación de A Coruña.

 

*V FESTIVAL RI VEIRA: HUMOR, MALABARES E MAXIA

“MUSICIRCO: MAGNÍFIQUE, DANI GARCÍA E CIRCO CHOSCO”

Sábado 27 de xullo.

Paseo do Malecón, ás 22:15 h.

Organiza Concellería de Cultura de Riveira co patrocinio de AGADIC e Xunta de Galicia a través de Cultura no Camiño.

 

*V FESTIVAL RI VEIRA: MAXIA

“MAGO XACOBE”

Mércores31 de xullo, napraza do Concello, ás 12:00 h.

Organiza Concellería de Cultura de Riveira.

 

*ACTUACIÓN DE AVIONES PLATEADOS “TRIBUTO A EL ÚLTIMO DE LA FILA”

Mércores 31 de xullo.

Paseo do Malecón, ás 00:00 h.

Organiza a Concellería de Cultura coa colaboración da Comisión de Festas do Verán de Riveira.

 

*V FESTIVAL RI VEIRA: HUMOR

”O PALLASO PITER”

Xoves1 de agosto, napraza do Concello, ás 12:00 h.

Organiza Concellería de Cultura de Riveira.

 

*ACTUACIÓN DA COMPAÑÍA DE FRAN SIEIRA “ENTRE SOÑOS”

Xoves 1 de agosto.

Praza de España, ás 23:00 h.

Organiza a Concellería de Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación de A Coruña.

 

 

*ACTIVIDADE INFANTIL- UN DÍA ESPECIAL

Xogos de habilidadefeitos con material de refugallo,inchables, reparto de frigolosinas, música e festa da escuma.

Venres2de agosto, napraza do Concello, de 11:30  a 14:00 h e de 18:00  a 20:30 h.

Organiza Concellería de Cultura co patrocinio da Rede Cultural da Deputación de A Coruña.

 

*EXPOSICIÓN “ANTOLOXÍA DEBUXADA” de Xóan Fernández, Antonio Pérez, XerardoCrusat, e Maralla.

Venres 2 de agosto, inauguración ás 21:00 h no C.C. Lustres Rivas

Do 2 ao 31 de agosto.

Horario: De luns a venres de 10 a 14 h e de 19 a 21 h e sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 h.

Organiza Concellería de Cultura de Riveira.

 

*CONCERTO DE “MALDITA NEREA”

Venres 2 de agosto.

Praza de España, ás 00:00 h.

Organiza a Concellería de Cultura coa colaboración da Comisión de Festas do Verán de Riveira.

 

*CONCERTO DE “ROSARIO FLORES”

Sábado 3 de agosto.

Praza de España, ás 23:00 h.

Organiza a Concellería de Cultura coa colaboración da Comisión de Festas do Verán de Riveira.

 

*MOSTRA DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL DE RIVEIRA

Domingo 4de agosto

Praza de Porta do Sol, ás 20:15 h.

Actuacións de: GRUPO TAHUME DE OLVEIRA, ASOCIACIÓN BAILADELA, CENTRO 3ª IDADE SANTA UXÍA, AS 7 LINGUAS DA AFLM DE AGUIÑO, CANTAREIRAS E PANDERETEIRAS DE AMAS DE CASA DE RIVEIRA E GRUPO AIRES DE DORNA.

Organiza Concellería de Cultura de Riveira.

 

 

*CONCERTO DE MILLADOIRO

Co espectáculo “ATLÁNTICO”

Domingo 4 deagosto.

Praza de España, ás 22:15 h.

Organiza a Concellería de Cultura co patrocinio da Rede Cultural da Deputación de A Coruña.

 

* NOITES DE CINE “O MAGO DUBIDOSO”

Venres 9 de agosto, no exterior do Centro Recreativo de Artes, ás 22:00 h.

Organiza a Concellería de Cultura de Riveira e Rede Cultural da Deputación de A Coruña.

 

* V FESTIVAL RI VEIRA: ACROBACIAS E HUMOR

“MUU con CRUNCH”

Sábado 10 de agosto.

Paseo do Malecón, ás 22:15 h.

Organizan a Concellería de Cultura de Riveira.

 

*VIAMARE STOCK – FEIRA DO COMERCIO

Días 9, 10 e 11 de agosto -Paseo do Malecón.

Organiza aAsociación de Empresarios e Viamare coa colaboración do Concello de Riveira.

 

*ARTEMAR RIVEIRA 2019. FEIRA ARTESANAL E MARIÑEIRA.

Días 15, 16, 17 e 18 de agosto – Toda a Cidade.

Organizanas Concellerías de Cultura e Turismo de Riveira.

 

* NOITES DE CINE “MARÍA E OS DEMAIS”

Venres 23 de agosto, no Campo da Festa en Carreira,ás22:00 h.

Organiza a Concellería de Cultura co patrocinio da Rede Cultural da Deputación de A Coruña.

 

* V FESTIVAL RI VEIRA: MÁXIA

“ABRAIOS DE RÚA cos magos Fani Triana e Martín Camiña.

Sábado 24 de agosto.

Paseo do Malecón, ás 22:15 h.

Organizan a Concellería de Cultura de Riveira e Xunta de Galicia - AGADIC -  Programa Cultura no Camiño.

 

*FESTIVAL SALSA NA RÚA

Sábado 31 de agosto

Paseo do Malecón e Alcalá Galiano, todo o día.

Organizan: Concellería de Cultura de Riveira, Asociación Haveira eEscola de Baile El Tomasón.

 

*EXPOSICIÓN “FUSIÓN” de AlterArte

Venres 6 de setembro, inauguración ás 21:00 hno C.C. Lustres Rivas.

Do 6 ao 28 de setembro.

Horario: De luns a venres de 10 a 14 h e de 19 a 21 h e sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 h.

 

Organiza Concellería de Cultura de Riveira.

 

 

*V FESTIVAL RI VEIRA: CLOWN, MAXIA E ESCAPISMO

“ROGELIO, UN PALLASO EN RECUPERACIÓN”

Sábado 7 de setembro.

Paseo do Malecón, ás22:15 h.

Organiza a Concellería de Cultura de Riveira.

 

*FESTAS PATRONAIS DE SANTA UXÍA DE RIVEIRA

11, 12 e 13 de setembro, todo o día.

Ruadas, animación, espectáculos, xogosinfantís, actos relixiosos e procesións, verbenas…

Organiza a Concellería de Cultura coa colaboración da Parroquia de Santa Uxía de Riveira.

 

*V FESTIVAL RI VEIRA: MONICREQUES

“VIRAVOLTA: A MALETA DE DON ATTILIO”

Xoves 12 de setembro, ás 18:00 h.

Napraza de Porta do Sol.

Organiza a Concellería de Cultura de Riveira.

 

*CONCERTO DE QUEIMAN E POUSA

“UN VERSO, UN CANTAR”

Xoves 12 de setembro, ás 22:15 h.

Paseo do Malecón.

Organiza a Concellería de Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación de ACoruña.

 

*V FESTIVAL RI VEIRA: CONTACONTOS

“CAXOTO. CONTOS A PÉ DE RÚA”

 

Venres 13  de setembro, ás 18:00 h.

Napraza de Porta do Sol.

Organiza a Concellería de Cultura de Riveira.

 

*CONCERTO DE BANDA XANGAI

“PROXECTO XANGAI”

Venres 13 de setembro, ás 23:00 h.

Paseo do Malecón.

Organiza a Concellería de Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación de ACoruña.