A veciñanza de Lousame recupera 1.610 quilos de téxtil usado no primeiro semestre de 2019

A veciñanza de Lousame recupera 1.610 quilos de téxtil usado no primeiro semestre de 2019

Escrito el 04/07/2019


A veciñanza de Lousame recuperou 1.610 quilos de téxtil usado durante o primeiro semestre de 2019, máis o menos a mesma cifra co semestre o ano anterior (1.662 quilos). Son datos de Humana, Fundación Pueblo para Pueblo, organización que promove a protección do medio ambiente a través da reutilización do téxtil, levando a cabo programas de apoio local en España e programas de cooperación en África, América Latina e Asia.

 

As cifras rexistradas entre xaneiro e xuño equivalen a 3.300 prendas recuperadas pola veciñanza lousamiá e que Humana reintroducirá no mercado a través da reutilización e a reciclaxe. Unhas prendas que proceden dos contedores de Humana, emprazados na praza do Concello de Lousame e na contorna da igrexa de Vilacova, onde a veciñanza pode depositar roupa, calzado, complementos e o téxtil do fogar que xa non utiliza e aos que se lle dá unha segunda vida. Un servizo de recollida gratuíto que tamén supón un importante apoio ao medio ambiente, pois supón evitar a emisión de 5 toneladas de CO2 á atmosfera.

 

“Humana se ha consolidado como un agente de la economía social, la economía verde y la economía circular. Genera recursos, empleo, incide en el ámbito local y promueve el desarrollo en el entorno más cercano”, asegura Darío Gómez, responsable da Fundación en Galicia, que engade: “a nivel social, nuestros programas tanto en España como en el Hemisferio Sur involucran a decenas de miles de personas, cuyas condiciones de vida mejoran gracias a los recursos obtenidos con la valorización del residuo textil que permiten financiar dichos proyectos”.

 

A maiores, o Concello de Lousame asinou en febreiro de 2018 un convenio de colaboración con Cáritas para a instalación de tres contedores destinados á recollida de téxtil, calzado e complementos doados polos veciños e veciñas do municipio. Estes contedores, serigrafados co logotipo de Cáritas e con capacidade para 250 quilos de téxtil, están instalados nas contornas dos adros das igrexas de Fruíme e de Vilacoba, así como na contorna do cruce do Sanguiñal.