RÉCORD DE ASISTENTES Á POLICÍA INFANTIL DE RIVEIRA CON 25 AXENTES E 4 MONITORES

RÉCORD DE ASISTENTES Á POLICÍA INFANTIL DE RIVEIRA CON 25 AXENTES E 4 MONITORES

Escrito el 05/07/2019


A 24ª promoción da Policía Infantil de Riveira quedou oficialmente constituída tras a entrega das súas credenciais ás 12 novas incorporacións rexistradas este verán e que elevan ata 29 (25 axentes e 4 monitores) o seu número de membros, cifra récord segundo remarcou o cabo responsable deste grupo, José Andrés Alonso.

 

O salón de plenos do Consistorio serviu unha vez máis como acto de presentación deste corpo de policía baixo a presenza do alcalde Manuel Ruiz, dos concelleiros Víctor Reiriz e María Sampedro, do xefe da Policía Local José Manuel Bretal, e do propio José Andrés Alonso, así como numerosos pais, nais e familiares que quixeron estar presentes neste momento coa constitución dun corpo de policía que é o corolario ás clases de educación viaria impartidas durante o curso.

 

Despois da entrega de credencias e a tradicional foto de familia, numerosos veciños puideron asistir á demostración realizada na Casa do Concello.

 

Os novos axentes son: Alba Gude Lampón, Marta Martínez Estévez, Ebony Pérez Samuel, Paula Crujeiras Sampedro, Paula García Vizcaya, Oumkaltoum Tiyib Siar, Amina Boumara Farhane, Esther Caldas Novo, Dina Caldas Novo, Delia Alfonso Nastasia, Adam Chhain Filuj e Juan Castro Campaña.

 

Repiten: Lucía Torres Paz, Paula Barreiro Besada, Alba González Arestín, Raquel Martínez López, Rocio Pego Martínez, Alberto Lens Sobrido, María López Franco, Laura Daniela Francisco Cárdenas, Tomasa Franco Martínez, Francisco Fernández González, David Santos Luengo, Pablo González Montes y Daniela Sampedro Pérez.

 

Son monitores: María Elena Hermida Zapata, Kamal Chhain, Brais Abraldes Prol y Dominik Baptista.