REGRESA A CARREIRA POLA DIVERSIDADE DE AMBAR CO ALICIENTE DA SÚA INCLUSIÓN NO CALENDARIO DA FEDERACIÓN DE ATLETISMO

REGRESA A CARREIRA POLA DIVERSIDADE DE AMBAR CO ALICIENTE DA SÚA INCLUSIÓN NO CALENDARIO DA FEDERACIÓN DE ATLETISMO

Escrito el 05/07/2019


A V Carreira pola Diversidade que organiza a Asociación Ambar afronta a súa última semana de inscricións. Foi presentada este mediodía na Casa do Concello nun acto que contou coa participación do alcalde Manuel Ruiz; a concelleira de Deportes, Juana Brión; a presidenta de Ambar, Milagros Rey; Maricarmen González, integrante desta entidade que traballou na organización do evento; e o colaborador Abraham Benítez.

 

A carreira, que terá lugar o próximo domingo 14 de xullo con saída e chegada á explanada de Coroso, pretende visualizar e poñer en valor a práctica deportiva das persoas con diversidade funcional, e mostrar o papel do deporte como ferramenta de inclusión social real.

 

Como novidades deste 2019, a categoría absoluta formará parte do calendario oficial de carreiras da Federación Galega de Atletismo, e a proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces, o cal pretende ser un aliciente máis á participación.

 

A proba absoluta, de 5 quilómetros exactos, terá lugar ás 10.30h da mañá. Ao finalizar esta proba darase paso ás probas menores nas que os nenos e nenas, poderán practicar as súas habilidades como atletas, nun ambiente lúdico e familiar. Tralas probas terá lugar a entrega de trofeos entre os clasificados na carreira absoluta e o sorteo dos regalos doados por distintas entidades do concello. Ao remate haberá uns pinchos.

 

Confirmaron a súa presenza na cita grandes corredores como Jorge González, Juan Antonio Gude, Fran Vilasó, José Lojo, Paulino Folgar ou Esteban Touceda, ademais de Joaquín Dios Martínez despois de afrontar un problema grave e que en palabras de Abraham Benítez xa e de por si o campión da proba.

 

Todos os comparecentes animaron á cidadanía a involucrarse nesta carreira solidaria, ben sendo participando na mesma ou como espectadores.

 

Inscricións

A inscrición poderá facerse na seguinte web: www.carreirasgalegas.com sendo a data límite o día 11 de Xullo ás 23:59 horas.Ademais, nesta mesma páxina web, existe a posibilidade de facer a inscrición do “Dorsal 0” e colaborar de maneira solidaria neste evento.

 

A cota de inscrición é de 6 € e a recadación será destinada a programas de inclusión social da entidade como son a formación prelaboral ou os programas de vivenda na comunidade.

As modalidades de inscrición son as seguintes:

 

  • Modalidade 5.000 m Zapatilla absoluta (modalidade federada)
  • Modalidade 5.000 m Zapatilla inclusiva (Poderán inscribirse nesta categoría todas as persoas con diversidade intelectual, sensorial ou motriz que non se inclúan en ningunha das outras modalidades.)
  • Modalidade 5.000 m Handbike.
  • Modalidade 5.000 m Cadeira de atletismo.
  • Probas infantís: adaptadas por idades, sen carácter competitivo.
  • A inscrición nas modalidades de Cadeira de atletismo e handbike darán dereito a hospedaxe da persoa deportista e 1 acompañante a noite anterior, por orde de inscrición ata fin de existencias.

 

Sobre a Carreira pola diversidade

A Carreira pola Diversidade, empezou a súa andaina no Barbanza no ano 2015, convertendo á nosa comarca nun referente a nivel galego. A proba supuxo todo un avance por tratarse dunha competición deportiva de carácter inclusivo, pioneira na comarca e segunda en toda Galicia, na que puideron participaras deportistas nas modalidades de handbike e cadeira de rodas, excluídas na maioría das probas en Galicia.