AS SELECCIÓNS FUTBOLÍSTICAS DE RIVEIRA QUE SE PROCLAMARON CAMPIOA E SUBCAMPIOA NA AVEIRO CUP FORON RECIBIDAS NO CONCELLO

AS SELECCIÓNS FUTBOLÍSTICAS DE RIVEIRA QUE SE PROCLAMARON CAMPIOA E SUBCAMPIOA NA AVEIRO CUP FORON RECIBIDAS NO CONCELLO

Escrito el 09/07/2019


O salón de plenos do Consistorio riveirense foi obxecto na tarde de onte dunha recepción oficial ás seleccións sub-11 e sub-12 de Riveira logo das súas exitosas participacións na Aveiro Cup disputada en Portugal, onde lograron o campionato e o subcampionato, respectivamente.

 

O acto estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz e contou tamén coa intervención da concelleira de Deportes Juana Brión e a presenza doutros edís pertencentes a distintos grupos da Corporación. O rexedor Ruiz Rivas destacou o alto nivel que ten hoxe en día o balompé no noso municipio e lembrou a importancia de saber compaxinar a práctica do deporte cos estudos.

 

Logo de obsequiar a xogadores e corpo técnico cunhas medallas, a cita rematou coa tradicional foto de familia na escalinata do vestíbulo da Casa Consistorial