Os nenos e nenas dos campamentos urbanos do Concello de Noia participan nunha festa da escuma na Alameda

Os nenos e nenas dos campamentos urbanos do Concello de Noia participan nunha festa da escuma na Alameda

Escrito el 12/07/2019


Os setenta nenos e nenas que participan nos campamentos urbanos de conciliación programados polo Concello de Noia participaron nunha gran Festa da Escuma para despedir a primeira quenda de campamentos. A rapazada, de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, desprazouse do IES Campo de San Alberto ata a Alameda de Noia, onde foron recibidos pola concelleira de Deportes e Mocidade, Laura Salgado, e onde tivo lugar a Festa da Escuma.

 

As próximas quendas terán lugar do 15 ao 26 de xullo e do 29 de xullo ao 9 de agosto. As inscricións poden formalizarse no segundo andar da casa do concello de Noia, en horario de 10:00 a 14:00 horas.