DOCE OFERTAS PRESENTADAS Á RENOVACIÓN DA CUBERTA DO PAVILLÓN DE SIRVES (OLVEIRA)

DOCE OFERTAS PRESENTADAS Á RENOVACIÓN DA CUBERTA DO PAVILLÓN DE SIRVES (OLVEIRA)

Escrito el 12/07/2019


O Concello de Riveira informa de que finalizado o prazo de presentación de ofertas foron doce as propostas presentadas á actuación consistente na renovación da cuberta do pavillón polideportivo de Sirves, situado na parroquia de Olveira.

 

Cun orzamento de 54.817 euros, IVE incluído, a actuación está cofinanciada con 38.371 euros pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, ao abeiro da orde do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas aos concellos de Galicia para o ano 2019.

 

Conforme ao proxecto técnico elaborado polos servizos do Concello, o pavillón ten en liñas xerais un bo estado de conservación pero rexistra episódicos problemas de filtracións de auga de chuvia que deixan en ocasións a pista impracticable. Por tal motivo, o Concello pretende renovar a cuberta realizando as actuacións seguintes:

 

  • Desmontaxe da actual cuberta previa instalación dos elementos de seguridade
  • Montaxe dunha nova cuberta a base de panel sandwich nervado, de 30 milímetros de espesor, formado por dúas chapas de aceiro prelacado con illamento entre ambas de espuma de poliuretano ríxido.
  • Remate da cuberta
  • Subministro e colocación de canalón na fachada principal
  • Apertura de ocos na fachada norte e colocación de fiestras.

 

O prazo de execución ascende a un mes e medio.