A FOTÓGRAFA RIVEIRENSE MARISOL PENAS EXPÓN UNHA TRINTENA DE IMAXES NO CONSISTORIO

A FOTÓGRAFA RIVEIRENSE MARISOL PENAS EXPÓN UNHA TRINTENA DE IMAXES NO CONSISTORIO

Escrito el 12/07/2019


Dende hoxe ata o 15 de agosto, a fotógrafa riveirense Marisol Penas expón na Casa Consistorial unha trintena de imaxes nunha mostra que leva por título “O mar, o barco e máis nós”, en referencia a un dos versos máis coñecidos do poeta rianxeiro Manuel Antonio.

 

Precisamente o mar e, moi particularmente, a ría de Arousa dende diferentes perspectivas, é o tema predominante na exposición, que conta coa colaboración da Galería O Faiado.

 

A concelleira de Cultura, María Sampedro e a propia artista, xunto con María José Carreira como comisaria da mostra e Eugenia Gómez en representación da galería, fixeron os honores de aperturar esta colección: a primeira a título individual levada a cabo por Marisol Penas logo de participar en iniciativas colectivas en lugares como Boiro ou Vilagarcía.

 

María Sampedro recordou que montaxe de exposicións no propio Concello xurdiu na pasada lexislatura coa hoxe conselleira Fabiola García como edil de Cultura e animou á veciñanza a acudir a contemplar as fermosas instantáneas que integran esta proposta.