LICITADA A PAVIMENTACIÓN E RENOVACIÓN DE SERVIZOS NAS RÚAS ESCORIAL E PÉREZ GALDÓS

LICITADA A PAVIMENTACIÓN E RENOVACIÓN DE SERVIZOS NAS RÚAS ESCORIAL E PÉREZ GALDÓS

Escrito el 16/07/2019


O Concello de Riveira informa da licitación das obras para a pavimentación e renovación de servizos das céntricas rúas Escorial e Pérez Galdós, ambas situadas na cidade de Santa Uxía.

 

O orzamento desta actuación ascende a 132.788,55 euros, IVE incluído, e o seu prazo de execución son catro meses.

 

Na actualidade, o pavimento en ambas vías está construído en formigón e observan anos importantes como disgregacións e socavóns no seu firme. En canto ás súas instalacións, as redes de saneamento e pluviais están formadas por tubaxes en mal estado, obxecto de arranxos periódicos.

 

O proxecto elaborado polos servizos técnicos municipais prevé as seguintes accións:

 

  • Saneamento: colocación dun colector de PVC de 315 milímetros de diámetro e lonxitude de 185 metros, con pozos de rexistro cada 35 ou 40 metros e conexión cos colectores existentes. Renovaranse as acometidas ás vivendas.

 

  • Pluviais: disposición polo centro das rúas de colectores de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e 189 metros de longo e pozos de rexistro. Instalaranse sumidoiros cada 20 metros aproximadamente e pozos de rexistro nos cruces dos colectores. Efectuaranse acometidas de pluviais ás vivendas.

 

  • Pavimentación: empregarase pavimento de formigón pulido de 20 centímetros de espesor, intercalado con lousas de granito.

 

As empresas interesadas en presentar ofertas dispoñen de prazo ata o 5 de agosto.

 

Máis información:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=563910&OR=265&ID=801&S=C&lang=gl