VINTEDOUS INTEGRANTES DO CENTRO DE AMICOS VISITARÁN A CASA DO CONCELLO E A SALA MUSEO

VINTEDOUS INTEGRANTES DO CENTRO DE AMICOS VISITARÁN A CASA DO CONCELLO E A SALA MUSEO

Escrito el 16/07/2019


Un total de 22 integrantes do centro de educación especial de Amicos efectuarán mañá unha visita guiada pola Casa do Concello e pola Sala Museo Municipal nas que poderán coñecer as dúas exposicións que se están a exhibir nestas instalacións: respectivamente, “O mar, o barco e máis nós”, mostra de Marisol Penas; e “O labor en silencio”, con fotografías antigas de mulleres do municipio cedidas por veciños e asociacións.

 

Esta iniciativa incardínase nas visitas guiadas que organiza o Servizo Municipal de Normalización Lingüística do Concello ao longo de todo o ano para achegar a acción municipal a grupos de estudantes e outros colectivos.

 

A visita principiará ás 11.15 horas (na Casa do Concello) e rematará ás 12.30 horas (na Sala Museo).