MULLERES CON DISCAPACIDADE DO RURAL ASISTEN A UN SERVIZO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA QUE LLES OFRECE ACADAR

MULLERES CON DISCAPACIDADE DO RURAL ASISTEN A UN SERVIZO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA QUE LLES OFRECE ACADAR

Escrito el 17/07/2019


Cofinanciado pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social Europeo, a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia desenvolve o Programa Enrédate nos concellos de Camariñas, Fisterra, Porto do Son, Vila de Cruces e A Cañiza.

 

Un total de 45 mulleres con discapacidade de concellos do rural galegos asisten a un servizo de atención personalizada e especializada que lles ofrece a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR). Baixo o nome Enrédate, este programa iniciou no mes de xaneiro e estará desenvolvéndose ata o mes de setembro nos concellos de Camariñas, Fisterra, Vila de Cruces, Porto do Son e A Cañiza.

 

Cofinanciado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, o programa Enrédate ten por obxectivo promover a igualdade das mulleres con discapacidade, especialmente, daquelas que viven en zonas pouco poboadas onde as características por parte da comunidade condicionan o seu desenvolvemento persoal e social.

 

Este programa que desenvolve ACADAR presta un servizo de atención personalizada e especializada e promove tamén actividades grupais co obxectivo de reunir ás mulleres con discapacidade da zona, para facilitar a creación ou potenciación de redes de apoios e participación. O programa rematou en Fisterra e Camariñas cun grande éxito de participación e arestora continúa desenvolvéndose nos concellos de Porto do Son, Vila de Cruces e A Cañiza, desenvolvéndose unha vez á semana durante os meses de xullo, agosto e setembro.

 

O programa Enrédate iniciou a desenvolverse en 2014, obtendo ata o de agora uns resultados moi positivos. Xa foron atendidas 150 mulleres con discapacidade, todas elas procedentes de zonas pouco poboadas de Galicia.

 

Durante o 2019, a asociación tamén está a desenvolver os programas Aloumiño, a plena vivencia da nosa sexualidade e Vio7 baixo o apoio nomeado e a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF.

 

Para máis información contactar no teléfono 674 073 092.