VINTEDOUS INTEGRANTES DO CENTRO DE AMICOS VISITARON A CASA DO CONCELLO E A SALA MUSEO

VINTEDOUS INTEGRANTES DO CENTRO DE AMICOS VISITARON A CASA DO CONCELLO E A SALA MUSEO

Escrito el 17/07/2019


Un total de 22 integrantes do centro de educación especial de Amicos efectuaron esta mañá unha visita guiada pola Casa do Concello e pola Sala Museo Municipal.

 

Dentro do consistorio local, foron recibidos pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Ruiz, acompañada do tamén edil Víctor Reiriz.

 

Esta iniciativa incardínase nas visitas guiadas que organiza o Servizo Municipal de Normalización Lingüística do Concello ao longo de todo o ano para achegar a acción municipal a grupos de estudantes e outros colectivos.