LICITADA A REPOSICIÓN DO PAVIMENTO ASFÁLTICO NA RÚA DO CANAL E NO CAMIÑO QUE UNE AMEIXIDA E OS PARAMOS EN CASTIÑEIRAS

LICITADA A REPOSICIÓN DO PAVIMENTO ASFÁLTICO NA RÚA DO CANAL E NO CAMIÑO QUE UNE AMEIXIDA E OS PARAMOS EN CASTIÑEIRAS

Escrito el 17/07/2019


O Concello de Riveira informa da licitación da actuación consistente na reposición do pavimento asfáltico na rúa do Canal e no camiño entre Ameixida e Os Paramos, ambas vías situadas na parroquia de Castiñeiras.

 

Os dous viales presentan un firme en aglomerado asfáltico bastante deteriorado en certos tramos, razón pola cal se persegue a súa mellora a través dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros de espesor, previa limpeza das súas marxes.

 

O orzamento deste proxecto ascende a un total de 48.881 euros e o seu prazo de execución son dous meses. Está financiado polo POS provincial.

 

O período de presentación de ofertas expira o 5 de agosto.