A RAPAZADA DO CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN “XOGA CON NÓS” SAÍRON A COÑECER O LABOR DOS REDEIROS NO DÍA DA VIRXE DO CARME

A RAPAZADA DO CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN “XOGA CON NÓS” SAÍRON A COÑECER O LABOR DOS REDEIROS NO DÍA DA VIRXE DO CARME

Escrito el 16/07/2019


Con motivo da celebración do día do Carme, os nenos e nenas participantes no campamento de conciliación “Xoga con nós” acudiron ao recheo do peirao portuario de Santa Uxía co fin de observar aos redeiros que fan alí o seu labor.

 

Nesta saída, un profesional explicou á rapazada para que se empregan as redes e a forma de montalas e reparalas.

 

Deste xeito, puideron enriquecer a súa aprendizaxe nun mes, o de xullo, que a programación está dedicada precisamente a afondar en oficios tradicionais da nosa contorna.