Arredor de cen persoas desafiaron á chuvia para acudiren á Romaría de San Lourenzo

Arredor de cen persoas desafiaron á chuvia para acudiren á Romaría de San Lourenzo

Escrito el 09/08/2019


Arredor dun cento de persoas desafiaron ás adversas condicións meteorolóxicas para cumprir coa súa cita anual coa Romaría de San Lourenzo. A tradicional procesión saíu ás 09.30 horas da igrexa parroquial de Tállara para despois realizar o percorrido na honra do santo.

 

A procesión estivo acompañada polos acordes da agrupación musical de O Son do Pote. Ademais, ofrecéronse misas ás 11.00, ás 12.00 e ás 13.00 horas, esta última cantada. Para mañá realizaranse oficios tamén durante toda a mañá e, pola tarde, nova saída da procesión coa que se porá fin á Romaría de San Lourenzo.