ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DAS OBRAS PARA REORDENAR O ESPAZO PÚBLICO EN MARTÍN E CREAR APARCAMENTOS E UNHA ZONA VERDE

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DAS OBRAS PARA REORDENAR O ESPAZO PÚBLICO EN MARTÍN E CREAR APARCAMENTOS E UNHA ZONA VERDE

Escrito el 09/08/2019


O Concello de Riveira informa de que se procedeu á adxudicación provisional dunha actuación destinada á reordenación do espazo público no lugar de Martín: unha obra moi agardada pola veciñanza do lugar a efectos de acondicionar e reordenar unha zona adquirida recentemente polo Concello na beira da estrada DP-7308 coa fin de poder ser utilizada como aparcamento e zona de esparcemento

 

A empresa que resultou mellor clasificada no procedemento de licitación foi Groma Obras, S.L., cunha oferta de 34.433 euros, IVE incluído. Había 14 propostas presentadas, dúas das cales causaron baixa temeraria.

 

O proxecto técnico elaborado polos servizos municipais inclúe a demolición dun muro que linda coa citada estrada e escavarase a parcela para alcanzar a cota do vial. Deste xeito, poderase executar unha beirarrúa e unha zona de aparcamento que mellorarán a seguridade viaria, ademais de instalar un colector de augas pluviais.

 

O resto da superficie será axardinada, instalando bancos, céspede e diversas especies vexetais.

 

A actuación está financiada polo POS Provincial e ten un prazo de execución de dous meses.