CONCELLO E CENTRO DE ALZHÉIMER COOPERAN PARA QUE OS USUARIOS DA PRAIA DE COROSO TEÑAN AO SEU DISPOR CABICHAS REUTILIZABLES

CONCELLO E CENTRO DE ALZHÉIMER COOPERAN PARA QUE OS USUARIOS DA PRAIA DE COROSO TEÑAN AO SEU DISPOR CABICHAS REUTILIZABLES

Escrito el 07/08/2019


Concello de Riveira e Asociación Agadea uniron as súas forzas para promover unha novidosa iniciativa medioambiental consistente na colocación da cabichas reutilizables na praia de Coroso coa fin de contribuír ao bo estado deste areal.

 

A idea xurdiu da Concellería de Medio Ambiente que dirixe a edil Elvira Pereira e se puido materializar tras recabar o apoio altruísta do Centro de Alzheimer de Riveira, cuxos usuarios elaboraron as devanditas cabichas a modo de actividade terapéutica que favorece aspectos como a súa motricidade.

 

En total, fixéronse 24 cabichas que se van a distribuír en tres puntos de Coroso. A idea é que os bañistas collen e usen estes elementos (para cigarrillos pero tamén para pipas, manás, etc…) e unha vez rematen a súa estancia no areal os baleiren nunha papeleira e os deixen na súa ubicación orixinal para que outras persoas poidan empregalos.

 

De frutificar a iniciativa, sinalou a edil de Servizos Sociais Ana Ruiz, estenderase a outros areais do municipio.