A CUARTA ANDAINA SOLIDARIA CO ALZHÉIMER VISITARÁ O PETROGLIFO DE PEDRA DAS CABRAS E A ERMIDA DE SAN ALBERTE

A CUARTA ANDAINA SOLIDARIA CO ALZHÉIMER VISITARÁ O PETROGLIFO DE PEDRA DAS CABRAS E A ERMIDA DE SAN ALBERTE

Escrito el 07/08/2019


O municipio de Riveira vai acoller o vindeiro venres 23 de agosto a cuarta edición da Andaina Solidaria co Alzhéimer coas pretensión de acadar un éxito de participación cando menos semellante ao do ano pasado, no que preto de 300 persoas se animaron a involucrarse nesta altruísta iniciativa consolidando a proposta.

 

A presidenta da asociación Agadea, Isabel Gey, acompañada da responsable do Centro de Alzhéimer de Riveira, Noelia Riaño; de Eduardo Iglesias en representación de Arousa Neo, entidade encargada dos aspectos técnicos; e de Ana Ruiz como responsable da Concellería de Servizos Sociais, explicaron hoxe os detalles desta actividade, de 10 quilómetros de distancia aínda que caberá a posibilidade de percorrer unicamente un anel de 3 quilómetros pensado en aqueles que non se vexan con forzas para completar o circuíto completo (a andaina está aberta a calquera idade).

 

Segundo recordou Isabel Gey, a pretensión da andaina reside en visibilizar a problemática do alzhéimer coas necesidades e dificultades que conleva. A cita sairá ás 21 horas do parque García Bayón e pasará por Coroso, Deán para pasar polo paseo de Coroso, avenida da Coruña, Deán, petróglifo de Pedra das Cabras, ermida de San Alberto e regresar novamente ao García Bayón. A cita estará amenizada pola agrupación Chorimas de Queiruga.

 

A inscrición conleva unha doazón de 5 euros e pódese formalizar ben na páxina web de Agadea (agadea.org) ou ben no número 672 705 053 (tamén por whatsapp).

 

Proxección cinematográfica

Dado que  se desenvolve entre lusco e fusco hai que levar lanterna ou aparello similar. Ao concluír haberá un avituallamento e, por outra parte, ás 21.30 horas para os acompañantes e para todos aqueles que o desexen achegarse ata a praza da Concordia, proxectarase a curtometraxe “Bicicleta, cuchara, manzana”, que reflexa a loita de Pasquall Maragall e a súa familia contra a enfermidade do alzhéimer.

 

A concelleira Ana Ruiz animou a veciños e visitantes a que se apunten nesta solidaria iniciativa na que terán a oportunidade de coñecer ademais algúns dos máis fermosos atractivos do municipio.