ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DAS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN E INSTALACIÓN DE PLUVIAIS EN AGRO DO AREAL E CAROLO EN PALMEIRA

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DAS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN E INSTALACIÓN DE PLUVIAIS EN AGRO DO AREAL E CAROLO EN PALMEIRA

Escrito el 13/08/2019


O Concello informa da adxudicación provisional dunha nova actuación dirixida á pavimentación e instalación de rede de pluviais en Agro do Areal e Carolo, na parroquia de Palmeira.

 

Segundo a clasificación de ofertas tras o proceso de licitación, a obra recaeu na empresa Construcións Fermín Simal, S.L. e comporta un investimento de 60.197,5 euros. Houbo 23 ofertas presentadas.

 

Na actualidade, o pavimento da rúa Agro do Areal é de formigón e a súa rede de pluviais é deficitaria, mentres que o camiño de Carolo rexistra un firme de aglomerado asfáltico en mal estado, cunha rede de pluviais tamén en mal estado que provoca frecuentes atascos na calzada.

 

Coa fin de solucionar estas eivas, as obras que se pretenden realizar residen na pavimentación e instalación da rede de pluviais. Tocante a Agro do Areal, será pavimentado con formigón pulido no que se intercalarán franxas de adoquín de formigón, mentres que en Carolo se estenderá unha capa de aglomerado asfáltico en quente. Asemade, en ambas vías se instalará unha nova rede de pluviais, con tubaxes de PVC de 315 milímetros de diámetro.

 

O prazo de execución son dous meses. A obra está adscrita ao Plan POS+2018 da Deputación da Coruña.