O ALCALDE DE RIVEIRA SOLICITA A RECTIFICACIÓN DE ABEL CABALLERO E QUE SE MANTEÑA A CANDIDATURA PARA O CONXUNTO DAS ILLAS ATLÁNTICAS

O ALCALDE DE RIVEIRA SOLICITA A RECTIFICACIÓN DE ABEL CABALLERO E QUE SE MANTEÑA A CANDIDATURA PARA O CONXUNTO DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Escrito el 14/08/2019


A tenor das últimas opinións expresadas polo alcalde de Vigo en relación á candidatura Cíes-Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade, o alcalde de Riveira, Manuel Ruiz Rivas, no nome do Goberno do seu Concello, quere reiterar a súa postura para que a Xunta de Galicia se manteña na intención de solicitar esta declaración para todas as illas que integran o Parque Nacional.

 

Lamentamos a insolidariedade do alcalde de Vigo posto que, sen cuestionar a singularidade propia das illas Cíes —singularidade que motiva de feito que o seu topónimo figure de forma expresa no título da candidatura—, entendemos que o resto de illas e arquipélagos do Parque posúen tamén uns valores propios que xustifican por si mesmos a súa inclusión. Neste senso, a potencialidade e valor global que reúne a candidatura conxunta das Illas Atlánticas é moi superior a unha candidatura única das Cíes, e valores medioambientais como os que acredita Sálvora non atopan parangón no resto do Parque Nacional.

 

Por esta razón, Ruiz Rivas solicita do alcalde de Vigo unha rectificación e que non inclúa nas súas pelexas coa Xunta posturas ilóxicas e irrespectuosas con outros Concellos como as que está mantendo.