ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DAS OBRAS PARA PAVIMENTAR AS RÚAS POMBAL E CERVANTES

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DAS OBRAS PARA PAVIMENTAR AS RÚAS POMBAL E CERVANTES

Escrito el 14/08/2019


O Concello de Riveira informa da adxudicación con carácter provisional dunha nota obra consistente na pavimentación das rúas Pombal e Cervantes, ambas situadas na cidade de Riveira.

 

A actuación recaeu na empresa Construcións Fermín Simal, S.L. e comporta un investimento de 21.719 euros. Había 16 ofertas presentadas, dúas das cales causaron baixa temeraria.

 

A día de hoxe, as vías obxecto da actuación rexistran un pavimento de formigón en mal estado como consecuencia da súa antigüidade e dos sucesivos traballos de reparación de servizos domésticos. O que se pretende co novo proxecto que está adscrito ao POS da Deputación reside en aplicar un novo pavimento, consistente en ambas casos na colocación de adoquín de formigón máis un bordillo de formigón pulido.

 

O período de execución das obras ascende a dous meses.