ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA MELLORA DO FIRME DUN CAMIÑO NO CANAVEIRO EN OLEIROS

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA MELLORA DO FIRME DUN CAMIÑO NO CANAVEIRO EN OLEIROS

Escrito el 16/09/2019


O Concello de Riveira informa de que se procedeu á adxudicación provisional dunha actuación consistente na mellora do firme dun camiño no lugar do Canaveiro, situado na parroquia de Oleiros.

 

A empresa que obtivo unha mellor clasificación resultou ser Construcciones Ponciano Nieto, S.L.. A obra comporta un investimento de 34.711 euros e o seu prazo de execución é dun mes e medio. Había 14 ofertas presentadas.

 

O vial obxecto deste proxecto rexistra hoxe en día un pavimento de aglomerado asfáltico bastante deteriorado debido, en boa parte, a que as raíces das árbores próximas invaden a calzada e producen abultamentos na mesma. O obxectivo que se persegue con esta obra reside en mellorar este firme coa aplicación dunha nova capa de aglomerado aslfáltico en quente, ademais de ampliar o ancho nalgúns tramos.

 

Previamente á nova pavimentación, serán limpadas as marxes e destoconarase o terreo para evitar que as raíces volvan a deteriorar o pavimento.

 

A actuación está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.