ABRE O PRAZO PARA ANOTARSE NO GRUPO MUNICIPAL INFANTIL DE TEATRO DE RIVEIR

ABRE O PRAZO PARA ANOTARSE NO GRUPO MUNICIPAL INFANTIL DE TEATRO DE RIVEIR

Escrito el 16/09/2019


O Concello de Riveira informa de que hoxe luns abre o prazo de preinscripción no Grupo Municipal Infantil de Teatro.

 

Esta escola está dirixida a nenas e nenos de entre 7 e 12 anos de idade. Cómpre lembrar que se retomou o ano pasado baixo a dirección do profesor Óscar Romero coa fin ofrecer aos máis cativos unha oportunidade de espertar as súas aptitudes artísticas, creativas e sociais a través dunha educación teatral temperá.

 

Mostra infantil

O inicio das clases está previsto para o 9 de outubro e o remate para o 31 de maio de 2020. Terán lugar no salón de actos do Auditorio Municipal, os mércores de 18.30 a 20 horas. Unha das principais accións que se realizarán no curso será o de preparar unha representación cara á Mostra de Teatro Infantil no mes de maio.

 

O presente prazo de preinscrición abrangue dende o 16 de setembro ata o 2 de outubro coa finalidade de coñecer a previsión de participantes, establecendo un mínimo de 10 para desempeñar a actividade e un máximo de 20. A tal efecto, a xente interesada pode pasarse polo Centro Cultural Lustres Rivas, enviar un email a culturaefestexos@riveira.com ou chamar por teléfono ao 981 835 650.

 

De haber quórum, a formalización da matrícula terá lugar do 7 ao 31 de outubro, cun único prezo de 127,92 euros, pudendo recoller o correspondente impreso no Centro Cultural Lustres Rivas.