AS 14 ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE INVERNO DO CONCELLO RIVEIRA INICIARÁN O 21 DE OUTUBRO UNHA NOVA ANDADURA

AS 14 ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE INVERNO DO CONCELLO RIVEIRA INICIARÁN O 21 DE OUTUBRO UNHA NOVA ANDADURA

Escrito el 17/09/2019



O vindeiro 21 de outubro dará comezo un novo curso das Escolas Deportivas Municipais de Inverno do Concello de Riveira, onde haberá 14 especialidades: Multideporte-Psicomotricidade, Kempo, Ximnasia Acrobática, Atletismo, Ximnasia Rítmica, Tenis, Baloncesto, Patinaxe, Pádel, Iniciación ao Fitness, Boxeo, Nada e Corre, Taekwondo e Voleibol.

 

Cada curso ten un prezo anual de 58,10 euros, existindo bonificacións por número de fillos. A data de remate é a última semana de maio.

 

Inscricións

O sistema de inscricións muda en relación a edicións anteriores. Así, primeiramente haberá un prazo de anotación para as persoas que participaron na campaña anterior (2018-2019): será do 23 ao 27 de setembro. A renovación dá dereito a reservar praza na mesma actividade, grupo e horario nas que participou o ano antrior. A renovación poderase facer presencialmente na oficina de deportes da Fieiteira, entre as 9 e as 13.30 horas.

 

As novas inscricións terán lugar entre o 7 e o 11 de outubro. As persoas interesadas poderán inscribirse cubrindo os seus datos nun formulario en liña a través da páxina web www.riveira.gal ou tamén de xeito presencial na oficina de Deportes, onde os empregados utilizarán o mesmo formulario para garantir a orde de solicitude.

 

Máis información: na páxina web do Concello, a través do correo electrónico deportes@riveira.com ou na propia oficina de deportes da Fieiteira (teléfono 981 873 646 / horario de atención ao público: de 9 a 13.30 horas).