Minuto de silencio en Noia en repulsa polo tripo asasinato machista de Valga

Minuto de silencio en Noia en repulsa polo tripo asasinato machista de Valga

Escrito el 17/09/2019


Un cento de persoas se concentraron esta mañá diante da casa consistorial de Noia para amosaren a súa condena e repulsa ao triplo asasinato machista que tivo lugar onte martes en Valga e que eleva a 41 o número de mulleres asasinadas en España no que vai de 2019. Un acto que estivo presidido polo alcalde de Noia, Santiago Freire, quen estivo acompañado por concelleiros e voceiros de todos os grupos políticos municipais: PP, PSOE, NOIA, Marea Cidadá de Noia e BNG.

 

Freire Abeijón asegurou que “a violencia contra as mulleres é unhas das máis degradantes violacións dos dereitos humanos” que “impide que a sociedade avance no camiño da igualdade e do benestar común que todos queremos en convivencia”. Así mesmo, apuntou que “dende o Concello de Noia asumimos o noso compromiso en loitar contra todo tipo de violencia, denunciando as agresións, apoiando ás vítimas e transmitindo ás xeracións futuras o respecto pola igualdade de homes e mulleres”.