O ESPAZO XUVENIL REABRE AS SÚAS PORTAS NO CURSO 2019-2020 PARA DOTAR Á MOCIDADE DE 14 A 19 ANOS DE ALTERNATIVAS DE OCIO

O ESPAZO XUVENIL REABRE AS SÚAS PORTAS NO CURSO 2019-2020 PARA DOTAR Á MOCIDADE DE 14 A 19 ANOS DE ALTERNATIVAS DE OCIO

Escrito el 18/09/2019


O Espazo Xuvenil do Concello de Riveira, que está dirixido a mozas e mozas de 14 a 19 anos, vai reabrir este venres, 20 e setembro, cadrando co inicio do curso no ensino secundario. Estará aberto os venres, sábados e domingos, de 17 a 21 horas, no primeiro andar do edificio do mercado municipal.

 

Ademais de facilitar así á mocidade un lugar onde reunirse e dispoñer de alternativas de ocio (biblioteca, xogos de mesa, conexión wifi, etc.) unha vez máis terán lugar unha serie de actividades complementarias e gratuítas coas que enriquecer a experiencia dos usuarios.

 

Así, Eli Ríos vai facer un obradoiro sobre a diversidade sexual na adolescencia o sábado 21 de setembro ás 18.00 horas, dentro do programa Ler Conta Moito.

 

Colectivo artístico

Ademais, o artista Fernando Yáñez vai estar ao dispor de todos os interesados ese mesmo sábado e mais o seguinte, 28 de setembro, para comentar coas mozas e mozos a posibilidade de crear un colectivo artístico con sede no propio Espazo. O creador estará a partir das 19 horas.