A Concellaría de Deportes da Pobra do Caramiñal organiza a programación deportiva para a tempada 2019-2020, a cal consta dunha gran oferta de actividades destinadas a toda a poboación que sexa maior de 3 anos de idade.

A Concellaría de Deportes da Pobra do Caramiñal organiza a programación deportiva para a tempada 2019-2020, a cal consta dunha gran oferta de actividades destinadas a toda a poboación que sexa maior de 3 anos de idade

Escrito el 18/09/2019


Darán comezo o vindeiro 1 de outubro e dividense en dous cuadrimestres:

1º cuadrimestre: do 01/10/2019 ao 31/01/2020

2º cuadrimestre: do 03/02/2020 ao 29/05/2020.

 

Está diferenciada en diferentes apartados:

-Escolas deportivas impartidas pola Concellaría de Deportes: Educación física base/predeporte,fútbol sala mixto

-Escolas deportivas impartidas polos Clubs deportivos locais: aeromodelismo,artes marciais, atletismo, baloncesto, fútbol sala, fútbol, patinaxe artística, remo, tenis, tenis mesa, tiro con arco, xadrez, xogos de mesa/ extratexia e ximnasia acrobática.

Esta tempada contaremos tamén coa actividade de XOGOS POPULARES para PRIMARIA E ESO.

-Actividades adultos: ximnasia para maiores, ximnasia mantemento adultos, pilates e  pilates para maiores.

 

Tamén se van organizar Competicións na Actividade Deportiva en Idade Escolar da Secretaría Xeral para o Deporte, diferentes actividades nos Colexios,e Torneos en diferentes modalidades deportivas.

 

Ademais contaremos coa LIGA local DE TENIS DE AFECCIONADOS/AS, categoría absoluta, que se disputará nas instalacións deportivas municipais e  dará comezo a primeiros de novembro, a cal se organiza en colaboración co Club de Tenis Punta Salera.

 

Para informarse a anotarse nas actividades que oferta a Concellaría de Deportes, poderán facelo nas oficinas de Deportes do Concello, que se atopan na Casa da Cultura e Xuventude “Raquel Fernández Soler” no horario de 10.00H. a 14:00h. , teléfonos: 981832590/981831545.