COMEZAN AS OBRAS PARA INSTALAR UNHA REDE DE PLUVIAIS NA RÚA SIDREIRAS EN SANTA UXÍA

COMEZAN AS OBRAS PARA INSTALAR UNHA REDE DE PLUVIAIS NA RÚA SIDREIRAS EN SANTA UXÍA

Escrito el 19/09/2019


O Concello de Riveira informa do inicio dunha actuación dirixida á instalación dunha rede de pluviais na rúa Sidreiras en Santa Uxía, vial perpendicular á avenida da Coruña.

 

A lonxitude do tramo que se vai construír é de 210 metros. Colocaranse tubaxes de 315 milímetros e de 160 milímetros de diámetro, así como arquetas sumidoiro e pozos de rexistro. O pavimento afectado será reposto.

 

A obra está sendo executada pola empresa Vías y Servicios Generales, S.L.. Comporta un investimento de 18.309 euros e o seu prazo de execución é dun mes e medio.