A AULA CEMIT ALBERGARÁ ESTE OUTONO SETE CURSOS GRATUÍTOS SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS

A AULA CEMIT ALBERGARÁ ESTE OUTONO SETE CURSOS GRATUÍTOS SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS

Escrito el 19/09/2019


A Aula CeMIT de Riveira albergará durante os meses de outubro e novembro un total de sete cursos gratuítos coa fin de que a cidadanía mellore os seus coñecementos en novas tecnoloxías.

 

Baixo o título de “Outono Dixital”, os cursos foron presentados esta mañá pola concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, acompañada do axente TIC Manuel Bello.

 

Todas as accións formativas estarán dirixidas a persoas de máis de 18 anos e contan cun máximo de doce prazas. Son os seguintes:

 

  • “Ofimática – LibreOffice”, do 2 de outubro con 29 de novembro con clases os luns, mércores e venres de 9.30 a 11 horas. Os contidos que se imparten no curso capacitan ao alumnado para poder presentarse aos exames CODIX, certificación galega de competencia dixital en ofimática.

 

  • “Iníciate na Informática”, do 3 de outubro ao 28 de novembro, con clases martes e xoves de 9.30 a 11 horas.

 

  • “Sede electrónica”, no que haberá un curso en outubro e outro en novembro. No caso do curso de outubro, as clases terán lugar do 21 ao 24, de luns a xoves de 11.30 a 13 horas.

 

  • “Exprime o teu móbil”, no que tamén haberá un curso cada mes. O de outubro terá lugar do 21 ao 24 de outubro, de luns a xoves de 11.30 a 13 horas.

 

  • “Edición de vídeo”, do 18 ao 29 de novembro, de luns a venres de 11.30 a 13 horas.

 

Cursos nas parroquias

Ademais, Ana Barreiro tamén anunciou que se celebrarán cursos gratuítos en cantas parroquias onde haxa demanda (o mínimo que se require son 5 veciños interesados e os contidos tamén se poden consensuar).

 

As persoas interesadas en participar en calquera das accións pode dirixirse á Aula CeMIT (rúa 1 Cubeliño 20 / teléfono: 981 876 043) ou formalizar a súa inscrición vía web no seguinte enderezo: https://cemit.xunta.gal/es/centro/67