EN MARCHA A INSTALACIÓN DE LUMINARIAS DE BAIXO CONSUMO PARA A MELLORA DA ILUMINACIÓN NA FRANXA LITORAL DE RIVEIRA

EN MARCHA A INSTALACIÓN DE LUMINARIAS DE BAIXO CONSUMO PARA A MELLORA DA ILUMINACIÓN NA FRANXA LITORAL DE RIVEIRA

Escrito el 20/09/2019


O Concello de Riveira informa de que está en marcha a actuación destinada a mellorar a alumeado da franxa litoral a través da instalación de preto de 500 luminarias LED entre Palmeira e Aguiño. Concretamente, a iniciativa comprende a instalación de luces no paseo de Insuela, no paseo da Ameixida, no parque de Punta do Castro e nas pasarelas das praias de Castro e A Catía, así como a renovación das luces do paseo do Carreiro e do porto de Aguiño.

 

Froito dos traballos xa emprendidos, onte pola noite comezaron a funcionar en fase previa á súa recepción as luminarias dispostas no paseo marítimo da Ameixida: concretamente, 72 balizas que percorren o longo da infraestrutura.

 

Cómpre lembrar que esta actuación enmárcase na EDUSI Máis Riveira Atlántica 2020, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) 2014-2020. Adscríbese a liña de actuación deste plan denominada Mellora da Eficiencia Enerxética na Administración Pública, dentro do obxectivo temático número 4 (Economía Baixa en Carbono).

 

Ademais da referida actuación no paseo da Ameixida, o proxecto inclúe as seguintes subactuacións:

 

  • No paseo de Insuela, a iluminación mediante 46 balizas e 4 farolas altas do tramo comprendido entre a praia e a zona do camping.

 

  • No parque de punta do Castro, 2 balizas e 26 luminarias sobre columnas, así como 2 proxectores nas pistas deportivas e 4 na zona de aparcamento.

 

  • As pasarelas das praias de Castro e A Catía e o paseo do Carreiro disporán de 221 balizas entre todos os tramos. Tamén se dispón de alumeado para 9 farolas na rúa adxacente Andrés Torres Queiruga.

 

  • Por último, no porto de Aguiño substituiranse todas as luminarias existentes nos viais que percorren o porto e máis o aparcamento por luces LED, ao igual que a zona residencial situada na contorna. En total as luces substituídas serán 100.

 

A adxudicación do contrato dividiuse en catro lotes, dos cales o 1 e o 3 (correspondentes ao paseo de Insuela e ao parque de punta do Castro, praias de Castro-Catía e Carreiro) recaeron en Ferrovial Servicios S.A. por un prezo total de 331.625,36 euros (44.930,76€ +286.694,60€) e os 2 e 4 (paseo da Ameixida e porto de Aguiño), en Instalaciones Eléctricas Coruñesas por 116.004,1 euros (58.523,49€ + 57.480,61€).

O investimento global ascende polo tanto a 447.629,46 euros.