O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DE RIVEIRA ORGANIZA TRES OBRADOIROS FORMATIVOS SOBRE BIODANZA, TEATRO E ARTE E SAÚDE

O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DE RIVEIRA ORGANIZA TRES OBRADOIROS FORMATIVOS SOBRE BIODANZA, TEATRO E ARTE E SAÚDE

Escrito el 20/09/2019


O Centro de Información á Muller informa de que, dentro do seu programa “Artes-Terapias” o vindeiro luns 23 de setembro darán comezo tres accións formativas gratuítas denominadas:

 

  • “Coaching e biodanza para o empoderamento feminino” (días 23, 25, 27 e 30 de setembro de 15.30 a 20 horas na aula de danza do Conservatorio).
  • “Arte & Saúde” (do 23 ao 30 de setembro)
  • Teatro-Vida para Mulleres (do 23 ao 30 de setembro, impartido por Nekane Fernández, psicóloga, actriz e formadora de teatro).

 

Aínda quedan prazas libres para o obradoiro de coaching e biodanza e para o curso de Teatro-Vida. As mulleres interesadas poderán anotarse ata as 14 horas do día 23 no propio CIM (rúa Deán Pequeno, 4, baixo / teléfono 981 874 131 / email: cim@riveira.com).