TAN SÓ NOVE BUTACAS LIBRES A FALLA DE CATRO DÍAS PARA O INICIO DA MOSTRA DE TEATRO

TAN SÓ NOVE BUTACAS LIBRES A FALLA DE CATRO DÍAS PARA O INICIO DA MOSTRA DE TEATRO

Escrito el 23/09/2019


A falla de catro días para o inicio dunha nova edición da Mostra de Teatro de Riveira tan só quedan nove butacas libres no auditorio municipal despois de que a venta de bonos para o conxunto da programación superase todas as previsións coa expedición dun total de 261 para un aforo de 270 (o ano pasado, cando se implantou este sistema, despacháronse 171).

 

Tal e como estaba anunciado, hoxe 23 de setembro se poñen á venda as entradas individuais para a primeira das funcións, na que Sarabela Teatro representará a obra “Normas para saber vivir na sociedade actual”. Dará inicio ás 21.30 horas.

 

As nove entradas individuais á venta poden adquirirse na Oficina de Atención Cidadá da Casa do Concello por un importe de 4€ (a operación ten que facerse mediante tarxeta bancaria).

 

Agora ben, tamén se decidiu manter á venta os bonos para que, quen o dexexe, poida reservar unha butaca para as once funcións por un prezo global de 25€.

 

As outras once representacións (todas a partir das 21.30 horas) son:

 

  • 4 de outubro.- Redrum Producións: “Idiota”.

 

  • 11 de outubro.- Malasombra: “Bernarda”.

 

  • 18 de outubro.- Ibuprofeno Teatro: “Casa O’ Rei”.

 

  • 25 de outubro.- Dinamo Producións: “Eu queríame casare”.

 

  • 1 de novembro.- Redrum Producións: “Invisibles”.

 

  • 8 de novembro.- Producións Teatrais Talía: “Vida de cans”.

 

  • 15 de novembro.- Contraproducións: “A compañeira de piso”.

 

  • 22 de novembro.- Producións Excéntricas: “Carpe diem”.

 

  • 29 de novembro.- A Panadaría: “Elisa e Marcela”.

 

  • 5 de decembro.- De Ste Xeito: “Running”.