INSCRICIÓN NOS CURSOS PREPARATORIOS DA TITULACIÓN CELGA QUE OFRECE O SERVIZO MUNICIPAL DE NORMALIZACIÓN LINGUÍSTICA

INSCRICIÓN NOS CURSOS PREPARATORIOS DA TITULACIÓN CELGA QUE OFRECE O SERVIZO MUNICIPAL DE NORMALIZACIÓN LINGUÍSTICA

Escrito el 24/09/2019


Á vista da nova convocatoria de exames CELGA da Xunta de Galicia (niveis 2 e 4), o Servizo de Normalización Lingüística oferta un ano máis un curso gratuíto de galego preparatorio para a obtención da titulación CELGA.

 

A tal efecto, ábrese un prazo de inscrición para este curso preparatorio ata o 27 de setembro. As persoas interesadas poden informarse ou anotarse no Servizo de Normalización Lingüística situada no Centro Cultural Lustres Rivas (rúa Manuel Lustres Rivas, 20, 2º / teléfono 981 835 650 (de 8 a 15 horas), email normalizacion@riveira.com).

 

O venres 27 de setembro, ás 20 horas, terá lugar no Lustres Rivas unha presentación coa fin de definir o calendario e horario das clases en función da demanda.