ÁBRESE O PRAZO PARA QUE OS CLUBS POIDAN SOLICITAR AXUDAS DO CONCELLO PARA A PROMOCIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS

ÁBRESE O PRAZO PARA QUE OS CLUBS POIDAN SOLICITAR AXUDAS DO CONCELLO PARA A PROMOCIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS

Escrito el 24/09/2019


O Boletín Oficial da Provincia anuncia hoxe a apertura da convocatoria de axudas dirixidas a clubs do Concello de Riveira para a promoción das súas actividades durante o exercicio 2019.

 

A administración local dispón dunha partida por importe de 120.000 euros para este apartado.

 

Os destinatarios deben reunir os seguintes requisitos:

  • Ter o domicilio social ou sede no concello de Riveira.
  • Estar inscrito no Rexistro Municipal de Clubs, cun mínimo dun ano de participación en actividade deportiva federada.
  • Contar cun número mínimo de 20 socios.
  • Non estar incurso en ningún caso de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
  • Estar ao corrente das obrigas coa Axencia Tributaria, Seguridade Social e Concello de Riveira.
  • Non ter pendente de xustificación ningunha axuda anterior do Concello, salvo que se concedese unha prórroga.

 

Polo demais, as bases que regulan a concesión das axudas son as que se recollen na correspondente ordenanza de subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro, publicada no BOP o 29 de maio de 2018.

 

O prazo de presentación de solicitudes é de 1 mes, iniciado a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOP. O prazo de xustificación das axudas será do 1 ao 31 de xaneiro de 2020.