O Concello de Noia acomete unha limpeza a fondo e a desinfección das rúas do casco histórico cun vehículo de auga a presión

O Concello de Noia acomete unha limpeza a fondo e a desinfección das rúas do casco histórico cun vehículo de auga a presión

Escrito el 24/09/2019


O Concello de Noia está a acometer esta semana unha limpeza a fondo das rúas do casco histórico da vila cun vehículo especial de auga a presión. Esta limpeza con auga a alta presión e desinfectante permite eliminar terra, graxas, aceites e resinas presentes na zona, dándolle un mellor aspecto e eliminando os xérmenes.

 

O concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón, explica que “a limpeza das rúas do casco histórico continuarán ao longo desta semana e despois actuaremos noutras rúas da vila ao longo da próxima semana”. Estas tarefas son continuación da limpeza a fondo realizada na Alameda de Noia durante a semana pasada.