OS CATRO CENTROS DE RECEPCIÓN DE VISITANTES DE RIVEIRA CONTABILIZARON MÁIS DE 8.000 CONSULTAS TURÍSTICAS DURANTE O VERÁN

OS CATRO CENTROS DE RECEPCIÓN DE VISITANTES DE RIVEIRA CONTABILIZARON MÁIS DE 8.000 CONSULTAS TURÍSTICAS DURANTE O VERÁN

Escrito el 26/09/2019


Concluída a época estival, o Concello de Riveira quixo facer balance das visitas contabilizadas nos catro centros de recepción de visitantes de carácter turístico existentes no municipio (Malecón, Xarás, parque periurbano de San Roque e CELGA), que arroxaron unha cifra global de 8.172 consultas.


Así, cabe salientar que o CELGA (a Casa da Costa do Parque Natural de Corrubedo) sumou durante os meses de xullo e agosto un total de 3.491 consultas (1.315 e 2.176, respectivamente).


En canto aos puntos de información turística dependentes do Concello (Malecón, Xarás e San Roque), sumaron un total de 4.681 consultas de 15 de xuño a 15 de setembro.


Cómpre puntualizar que estas son consultas de visitantes atendidas por persoal de distintos centros, que non equivalen ás moitísimas persoas que, de xeito autoguiado e sen estar contabilizadas, acudiron a lugares de interese como o citado complexo dunar ou outros enclaves como o parque periurbano de San Roque, o miradoiro de Pedra da Ra ou o Castro da Cidá.