O CONCELLO ADXUDICA A SUBMINISTRACIÓN DUN NOVO CÉSPEDE ARTIFICIAL DE ÚLTIMA XERACIÓN PARA O CAMPO DA FIEITEIRA

O CONCELLO ADXUDICA A SUBMINISTRACIÓN DUN NOVO CÉSPEDE ARTIFICIAL DE ÚLTIMA XERACIÓN PARA O CAMPO DA FIEITEIRA

Escrito el 26/09/2019


O Concello de Riveira adxudicou hoxe o subministro mediante renting dun novo céspede artificial de última xeración para o campo da Fieiteira, ademais da renovación do sistema de rego e a dotación doutro material deportivo auxiliar.

 

Esta agardada intervención foi adxudicada á empresa Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. O prezo total do contrato ascende a un total de 222.040,48 euros e o prazo de execución das obras é dun mes e medio.

 

Así, a instalación municipal recibirá un novo céspede de última xeración, con homologación FIFA QUALITY PRO, que permitiría incluso a disputa de partidos de categoría nacional. Ademais, dotaráselle dunha nova rede de rego automático, con cañóns emerxentes de gran alcance situados fora do rectángulo de xogo. Unha vez concluídas estas obras, instalaranse porterías regulamentarias de fútbol 11 e fútbol 7 (neste último caso, abatibles) e banderíns nas catro esquinas do terreo.

 

Plan de mantemento

O proxecto técnico prevé un plan de mantemento por cinco anos que inclúe tanto á formación do persoal municipal para obter os coñecementos necesarios para a conservación do céspede como a realización dous veces ao ano de tarefas de mantemento por parte da empresa adxudicataria.

 

Cómpre lembrar que nos últimos anos o Concello emprendeu outras actuacións encamiñadas a instalar céspede artificial en campos do termo municipal que carecían del, como os da Guía en Carreira e A Trinidade en Oleiros.